As prácticas académicas externas constitúen unha actividade formativa realizada polo estudantado en entidades externas á universidade

O principal valor engadido do Máster Universitario en Avogacía é a oferta de prácticas externas, que se inclúe no plan de estudos, e que permite ao estudantado aplicar os seus coñecementos ao exercicio profesional durante o primeiro e o segundo curso do máster.

 

Contido e resultados

As prácticas externas ofertadas no mestrado consistirán en acompañar aos avogados en asistencias do turno de oficio, presenciar consultas do servizo de orientación xurídica, asistir a todo tipo de actuacións procesais e participar en todas as actividades colexiais.

Ditas prácticas permitirán obter ao estudantado os seguintes resultados:

  • Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais.
  • Familiarizarse có funcionamento e a problemática de institucións relacionadas có exercicio da avogacía.
  • Coñecer a actividade do resto de operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados có exercicio da profesión.
  • Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así coma acerca dos instrumentos para a súa xestión.
  • Desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado.

 

Estrutura

Prácticas externas básicas

Desenvolveránse durante o segundo cuadrimestre do primeiro curso académico do Mestrado Universitario en Avogacía, cun número de 6 ECTS que se concretan en 150 horas de prácticas en despachos de avogados de recoñecido prestixio, Administracións Públicas (Xulgados, Fiscalía, Centros Penitenciarios, Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial) e outras entidades colaboradoras (asesorías xurídicas de empresas).

A data de entrega da memoria de prácticas aos titores académicos é o 14 de xuño de 2024 na primeira oportunidade e o 15 de xullo de 2024 na segunda.

 

Asignación de Prácticas Externas Básicas – Curso 2023/2024

 

Prácticas externas

Desenvolveránse durante o primeiro cuadrimestre do segundo curso académico do Mestrado Universitario en Avogacía, cun número de 24 ECTS que se concretan en 600 horas de prácticas fundamentalmente en despachos de avogados de recoñecido prestixio, combinándose con prácticas en Administracións Públicas (Xulgados, Fiscalía, Centros Penitenciarios, Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial) e outras entidades colaboradoras (asesorías xurídicas de empresas).

A data de entrega da memoria de prácticas aos titores académicos é o 1 de febreiro de 2024 na primeira oportunidade e o 26 de xuño de 2024 na segunda.

 

Asignación despachos de Prácticas Externas – Curso 2023/2024
Asignación titores de Prácticas Externas – Curso 2023/2024
Prácticas Externas en Fiscalia (Vigo) – Curso 2023/2024

 

Organización

A organización das prácticas externas depende directamente do Coordinador Profesional do Máster.

Durante o desenvolvemento das Prácticas Externas Básicas (as do primeiro curso -150 h) e Prácticas Externas (as do segundo curso – 600 h) o estudantado terá un seguimento persoalizado permanente, ao contar cun titor/a profesional (un avogado/a en exercicio con máis de 5 anos de experiencia profesional) e un titor/a académico/a (profesor/a universitario con docencia no Mestrado). Ademais, nas institucións colaboradoras distintas dos despachos de avogados tamén haberá un titor/a que recibirá, atenderá e asesorará a cada estudante.