O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito

Para que o estudantado poida matricularse na materia TFM será requisito imprescindible estar matriculado en todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos. A matrícula do TFM realizarase nos períodos oficiais e dará dereito a dúas oportunidades de avaliación nun mesmo curso académico. O réxime da matrícula do TFM será a mesma que a de calquera outra materia.

Para a presentación e aprobación de propostas temáticas de TFM seguirase o seguinte procedemento:

  1. O/a coordinador/a profesional antes de finalizar o primeiro curso académico solicitará ao profesorado do Máster que realice as propostas temáticas correspondentes aos TFM do curso académico seguinte. Propondrá ós alumnos/as, antes do dia vinte de outubro de cada ano, unha lista de temas para que poidan elixir un deles para o seu TFM nos seguintes dez días naturais á proposta, comunicándoo ao coordinador.
  2. Unha vez escollido o tema polo alumno/a, o coordinador profesional asignaralle un titor/a para el TFM tendo en conta a temática do mesmo, as preferencias da/o alumno/a e o límite máximo de traballos que, consonte aprobe a CAM en cada curso académico, poida titorizar cada profesor/a. En caso de coincidencia nas preferencias manifestadas por dous ou máis alumnos/as será determinante o expediente académico.
  3. A CAM aprobará a proposta de TFM realizada polo/a alumno/a segundo o documento oficial correspondente (do cal o modelo acompáñase no Anexo I da presente normativa). Esta proposta conterá alomenos a seguinte información: – Alumno/a. – Titor/a co seu visto e prace. – Título. – Breve Memoria indicando o tema do traballo, os seus obxectivos e o plantexamento do mesmo, que se entregará como anexo á proposta, cunha extensión máxima de dúas páxinas en formato DIN A4.

Regulamento do TFM

 

Traballo Fin de Máster – Curso 2023/2024

Tribunais do TFM 2023/2024
Relación TFM (setembro) 2023/2024
Asignación do TFM 2023/2024
Propostas temáticas do TFM 2023/2024

 

Defensa do TFM

Prazo Depósito Defensa
1º período 31/01/2024
(na secretaría de decanato)
09/02/2024 – 09.00 h
na FCCXXT
2º período 02/07/2024
(na secretaría de decanato)
12/07/2024 – 10.00 h
na FCCXXT