O artigo 46.2.e) da LO 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades establece que “Los Estatutos y normas de organización y funcionamiento desarrollarán los derechos y los deberes de los estudiantes, así como los mecanismos para su garantía. En los términos establecidos por el ordenamiento jurídico, los estudiantes tendrán derecho a: e) El asesoramiento y asistencia por parte de profesores y tutores en el modo en que se determine”.

Pola súa banda, o artigo 9 do Real Decreto 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario que regula os dereitos específicos do estudantado de mestrado prevé no seu apartado e) que teñen entre os seus dereitos, o de “recibir orientación y tutoría personalizadas, para facilitar el rendimiento académico, la preparación para la actividad profesional o la iniciación a la investigación”.

Neste contexto, o Plan de Acción Titorial do Máster universitario en Avogacía da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria.

Supón apostar por un modelo educativo no que conflúen xunto coa académica funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor-estudante, estudante-estudante, etc.

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do estudantado, normalizando as distintas accións e acadando un axeitado equilibrio entre as expectativas do estudantado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

Obxectivos do PAT
Plan de Acción Titorial (PAT)