Antes do comezo das clases, a Facultade de CC. XX. e do Traballo organiza a Xornada de Acollida para o estudantado de novo ingreso no Máster Universitario en Avogacía

A Xornada de acollida 2022/2023 celebrarase o vindeiro 17 de outubro de 2022 no Ilustre Colexio de Avogados de Vigo a partir das 16.00 horas.

Os obxectivos desta xornada son:

  • Facilitar ao estudantado o tránsito desde o grao ao posgrao.
  • Presentar ao estudantado o Máster en Avogacía.
  • Dar a coñecer ao estudantado os recursos e ferramentas ao seu dispor na Universidade de Vigo e no Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.

Xornada de acollida 2022/2023