CB1
Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

CB2
Que os estudantes sepan aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplios (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.

CB3
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizo.

CB4
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.

CB5
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

CG1
Capacidade de aprender de forma autónoma.

CG2
Capacidade de resolver problemas de forma efectiva.

CG3
Capacidade de argumentar e rebatir ideas, aplicando un pensamento crítico e lóxico.

CG4
Capacidade de traballar de forma autónoma con iniciativa.

CG5
Capacidade de traballar en equipo e coordinar grupos de traballo.

CG6
Comportarse de xeito ético e responsabilidade social coma cidadán e coma profesional.

CE1
Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grado á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.

CE2
Coñecer as técnicas dirixidas á averiguación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a producción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.

CE3
Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdiccionais nacionais e internacionais.

CE4
Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdiccional.

CE5
Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado có cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.

CE6
Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuita e a promoción da responsabilidad social do avogado.

CE7
Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.

CE8
Saber identificar os requerimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.

CE9
Coñecer e saber aplicar na práctica o entorno organizativo, de xestión e comercial da profesión de avogado, así coma o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal.

CE10
Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.

CE11
Saber desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución na que o desenrola mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.

CE12
Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de avogado.

CE13
Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.

CE14
Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.

CE15
Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cós cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.

CT1
Capacidade de síntesis e análise.

CT2
Capacidade de xestión da información.

CT3
Capacidade de organizar e planificar.