Coordinación académica

Son funcións do coordinador/a académico/a:

  • Supervisar a elaboración das guías docentes de cada un dos módulos formativos, elaboradas polos responsables das materias e revisadas polos coordinadores dos módulos, así como do seu correcto cumprimento ao longo do curso académico
  • Aprobar un informe anual no que se detalle cantas incidencias tiveron lugar durante a impartición do programa formativo
  • Elevar á Comisión Académica cantas propostas considere oportunas para o mellor funcionamento do plan formativo
  • Calesqueira outras que resulten da normativa vixente na Universidade de Vigo ou da regulación interna da Facultade de CC.XX. e do Traballo, como derivado inmediato dalguna das competencias que lle corresponden ao centro

Coordinación profesional

Son funcións do/a coordinador/a profesional:

  • Elaborar a proposta do Plan de Prácticas, e o seu cronograma, para sometelos á aprobación da Comisión Académica
  • Propoñer á Comisión Académica a designación do persoal titor de prácticas
  • Aprobar un informe anual no que se detalle cantas incidencias tiveron lugar durante a impartición do programa de prácticas

O coordinador/a profesional desenvolverá e coordinará os 30 créditos ECTS correspondentes ás prácticas externas. Para iso seleccionará os despachos, institucións ou entidades onde se realicen, así como o persoal titor e colaborador que as dirixan. Determinará o plan detallado, calendario e horario de prácticas e establecerá os mecanismos de control precisos para a comprobación da súa axeitada realización e aproveitamento, todo iso conforme ao establecido na Lei e no Regulamento de Acceso, así como na memoria para a verificación do título do máster.

 

Coordinadora académica

Mª Antonia Arias Martínez

Facultade de CC.XX. e do Traballo
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 814 026
tona.arias@uvigo.es

Coordinador profesional

Fernando Rubianes Santos

Avogado
Marqués de Valladares 25, 1º
36201 Vigo

+34 986 441 188
f.rubianes@telefonica.net