Coordinación académica
O título ten unha persoa coordinadora académica que será unha profesora ou profesor doutor con dedicación exclusiva na Universidade de Vigo. Será designada pola Xunta de Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo por proposta da sua/seu decana/o.
Son funcións propias da persoa coordinadora académica:
- Supervisar a elaboración das guías docentes de cada un dos módulos formativos, realizadas palas persoas responsables das materias e revisadas polas coordinadoras dos módulos, así como do correcto cumprimento ao longo do curso académico.
- Aprobar un informe anual en que se detalle cantas incidencias tiveron lugar durante a impartición do programa formativo.
- Elevar á Comisión Académica cantas propostas considere oportunas para mellorar o funcionamento do plan formativo.
- Calquera outra que resulte da normativa vixente na Universidade de Vigo ou da regulación interna da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, como derivado inmediato dalgunha das competencias que lle corresponden ao centro.
Coordinación profesional
O título ten unha persoa coordinadora profesional, que actuará en colaboración coa persoa que exerza a vicecoordinación profesional, cuxas funcións propias son:
- Elaborar a proposta do plan de prácticas e o seu cronograma para sometelos á aprobación da Comisión Académica.
- Propoñerlle á Comisión Académica a designación das persoas titoras de prácticas.
- Aprobar un informe anual en que se detallen todas as incidencias que tiveron lugar durante a impartición do programa de prácticas.
A persoa coordinadora profesional será designada pola Xunta de Goberno do Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo, por proposta da sua/seu decana/o; e a persoa vicecoordinadora profesional será designada pola Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Procuradores de Vigo por proposta da sua/seu decana/o.
Coordinación académica
Pablo Grande Seara
Profesor Titular de Dereito Procesual
Facultade de CC.XX. e do Traballo
Campus Universitario de Vigo
36310 Vigo
+34 986 813 891
Coordinación profesional
María Lourdes López Fernandez
Avogada
Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo
Praza de América, 2, Freixeiro
36210 Vigo
(C.C. Camelias, Porta oficinas 2 – 1º)