Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O artigo 33 da Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, del Sistema Universitario, baixo a rúbrica “Derechos relativos a la formación académica”, dispón que “En relación con su formación académica, el estudiantado tendrá los siguientes derechos (…):
e) A las tutorías y al asesoramiento, a la orientación psicopedagógica y al cuidado de la salud mental y emocional, en los términos dispuestos por la normativa universitaria.
h) A la orientación e información sobre las actividades que le afecten y, en especial, a un servicio de orientación que facilite su itinerario formativo y su inserción social y laboral”.

Pola súa banda, o artigo 9 do Real Decreto 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario que regula os dereitos específicos do estudantado de mestrado, prevé no seu apartado e) que teñen entre os seus dereitos, o de “recibir orientación y tutoría personalizadas, para facilitar el rendimiento académico, la preparación para la actividad profesional o la iniciación a la investigación”.

Neste contexto, o Plan de Acción Titorial do Máster universitario en Avogacía da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria.

Supón apostar por un modelo educativo no que conflúen xunto coa académica funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor-estudante, estudante-estudante, etc.

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do estudantado, normalizando as distintas accións e acadando un axeitado equilibrio entre as expectativas do estudantado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

Obxectivos do PAT
Plan de Acción Titorial (PAT)

Persoal titor do PAT

Primeiro curso

María Teresa Martínez Táboas
Ángel Manuel Mariño de Andrés

Segundo curso

María Antonia Arias Martinez